…homo viator, o home no camiño, sempre en viaxe por esta terra e pola súa vida
que son espazos/tempo efímeros do seu destino, onde el camiña, segundo as súas eleccións,
cara á vida ou cara á morte –para a eternidade.
​
Jacques Le Goff

O II Encontro Internacional Viaxeiros: transitando pola Idade Media desenvolverase durante os días 5, 6 e 7 de xuño de 2017 en Santiago de Compostela. O evento, que se promove desde a Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares, dá continuación á andaina emprendida en 2015, coa celebración de Viaxeiros: do Antigo ao Novo mundo. Esta segunda edición contará coa intervención de investigadores xa consagrados e recoñecidos a nivel internacional, así como coa participación de investigadores nóveles e en formación, coa pretensión de ser un punto de encontro onde se propicie a exploración e un mellor coñecementodo mundo medieval.
As viaxes, nas súas múltiples dimensións, constitúen o principal fío condutor do encontro. De tal maneira, teremos noticia de cabaleiros errantes, de peregrinas, de xograres, de cruzados e doutros personaxes itinerantes do medievo. A través das súas aventuras, teremos ocasión de percorrer espazos reais e históricos, sinalados na cartografía, así como de transformarnos no transcurso dunha viaxe imaxinaria por un espazo mítico, literario ou metafórico. Un transitar pola Idade Media que, cunha mirada ampla e interdisciplinar, dará pé a achegarse á circulación de ideas e xentes, á divulgación de textos e obxectos, á expansión de tendencias culturais, artísticas e intelectuais.
COMITÉ ORGANIZADOR
​
​
COMITÉ CIENTÍFICO
​
​
Ariel Guiance CONICET, Universidad Nacional de Córdoba, Argentina.
M. ª Adelaide Miranda IEM- Universidade NOVA de Lisboa.
Eduardo Pardo de Guevara y Valdés Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento – CSIC.
Francisco Peña Fernández The University of British Columbia, Canadá.
Marco Piccat Università degli Studi di Trieste, Italia
Adeline Rucquoi Centre National de la Recherche Scientifique, Francia.
Adriana Vidotte Universidade Federal de Goiás, Brasil.
​
5, 6 e 7 de Xuño
Santiago de Compostela
Secretariado
Sara Carreño López USC Débora González Martínez USC María Novoa Fernández USC J. Ángel Salgado Loureiro USC
Coordinación